«Non sono un?italiano!»
Xa dixen nalgunha ocasión que estiven en Italia de emigrante. E quedei encantado, é un país que me gusta moito, sobre todo a comida e a música. Este día fun ao Centro Comercial Mariacaneda e comín en Muerde la pasta. ¡Que inmensidade de local! Debe de ter medio quilómetro cadrado de superficie. Hai infinidade de pratos italianos e podes comer de todo e de todo o que queiras, polo mesmo prezo. E todo isto adobado con música italiana ¿Que máis podía pedir?
Mentres comía, escoitaba a música. A un certo punto escoitei unha canción titulada Io ti daró di piú (dareiche máis) de Memo Remigi, un cantante moi popular nos anos 60-70, e lembreime que eu coñecino. Invitouno a cear a miña xefa, pois eran amigos da infancia e tocoume servilo (eu era camareiro), e a xefa díxome: «Usa a cafeteira de prata para servirlle o café, e que estea ben quente». Todos sabedes que a prata é un gran condutor de calor. Eu, dende esa noite, tamén. Non só a cafeteira era de prata, tamén o era a agarradeira. E a pesares das luvas de comuñón (chamáballe eu así ás luvas de camareiro) que eu levaba, aquilo mordíame os dedos.
Outra das lembranzas que tiven foi ao sentir a canción Volare de Doménico Modugno (na Costa da Morte era coñecido polo médico de Buño). O título orixinal era Nel blu dipinto di blu (no azul pintado de azul), pero o público rebautizouna con Volare, e o curioso é que a seguinte canción Doménico titulouna Piove (chove) pensando que o público quería títulos curtos, pero rebautizarona con Ciao, ciao bambina (adeus, adeus, nena). Eu seguín a comer, e nisto que sinto a canción Tu vuó fa l?americano (queres ser americano), a orixinal de Renato Carosone. O argumento e moi simpático e é moi semellante a un conto do noso Carlos O?Xestal. Resulta que chega á aldea, despois de moitos anos, un retornado da Arxentina e atópase cun coñecido, que lle pregunta: «¿E cando viñeches?». «Recién llejé onte». «E logo ¿para onde vas?». «Me voi pala tabierna a tomarme una cuenca de vino de Ribiero con los amijos». Na canción e no conto a lección é a mesma: non se pode deixar de ser o que se é.
Acabei de comer e fun a pagar, practicamente tiven que andar medio quilómetro ata a caixa, e díxenlle ao caixeiro: «Case que xa fixen a dixestión con esta andada». E contestoume: «Se queres volver a comer máis, podes». E volvín, comín un bo xelado e sentín a canción Oh sole mío, a mais preciosa canción napolitana. E pensei: «Este verán o sol tennos abandoados».
Seguramente Feijoo contratou ese mogollón de nubes para aforrar en extinción de incendios e non me extrañaría que ademais cantase na ducha para que chova. Pero, unha de dúas, ou non canta coa suficiente sensibilidade como para facer chorar as nubes, ou canta pouco, pois hai que aforrar auga, pola seca. A canción que me parece que canta Feijoo é Ansiedad, só que con outra letra: «Austeridad, la de ahorrar con mis manos, recortando en gastos sin dolor. Austeridad...».
Pero ánimo, unha semana de verán non hai quen nola quite, que se quentase o sol pola noite serían dúas. Iso si, seguida non... ¡A cachos!
José Manuel Canedo Aguiar. Sofán (Carballo).
Envía tus cartas a redac.barbanza@lavoz.es o a Praza do Centenario, 2 - Entresuelo B - 15960 Ribeira / redac.carballo@lavoz.es o Gran Vía, 84 - 1.º - 15100 Carballo
La música de los Dire Straits sonó en la noche del sábado en Cee. No fueron los originales, pero la verdad es que los integrantes de la banda coruñesa Brothers in Band los imitan bastante bien. El primer gran concierto de las Festas da Xunqueira tuvo que combatir el mal tiempo, pero incluso así fue una velada animada en la localidad. foto marcos rodríguez