«Aproveito o verán para ter máis actividade na literatura»

ramón rivera CARBALLO/LA VOZ

CARBALLO

18 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O escritor ceense Miro Villar presentará mañá o seu novo poemario, As crebas, en Muxía. Dedica as vacacións «a desconectar do mundo do ensino, malia a fama que temos os profesores de traballar pouco. Tamén aproveito para ter máis actividade na literatura». Un verán no que, por suposto, hai momentos de diversión. «Gústame viaxar moito e facer rutas polo monte. A vindeira semana vou ir co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte a Cornualles». Gústalle «cambiar as rutinas, facer cousas novas, diferentes, que te enchan de outra maneira». E aproveita para tomar notas cando ve algo que lle pode servir de inspiración nunha futura obra. «De aí pode nacer algo».

-Comida e bebida.

-Calquera peixe con calquera cervexa.

-Praia favorita.

-A de Carnota.

-Non sae da casa sen...

-A carteira e un bolígrafo.

-O mellor e o peor do día.

-O mellor é o amencer. O peor, a modorra despois dunha comida copiosa.

-¿Romarías ou verbenas?

-A romaría de San Hadrián de Toba (Cee), a miña parroquia.

-Gasta pista con...

-Non son de bailar, pero gústame o jazz do Festival dos Abrazos, en Compostela. Especialmente Abe Rábade.

-No verán infórmase con...

-Xornais en papel e dixitais.

-A viaxe deste verán.

-Cornualles (Inglaterra).