Ao humorista David Amor gústalle moito Carballo e falar coa súa xente. «Estiven un ano vivindo alí cando xoguei no Xiria de balonmán e quedei prendado desa vila. Recórdoo como un ano marabilloso, sempre falo ben de Carballo. Paseino ben de máis alí». Os seus veráns varían segundo o ano. Este anda liado cos monólogos. Amor recoñece que é «moi verbeneiro» e que visitou Sofán, Berdillo, Malpica e Muxía. «Un tour que non hai corpo que o aguante». Xa estivo en Carballo neste San Xoán e en Caión, e asegura que volverá pronto. Se cadra para ligar, aínda que diga que non é ligón. «Menos aínda desde que estou na televisión», asegura. Rapazas, «non dou medo».
-Comida e bebida.
-Vermú mesturado e moito bocadillo, de atún, de tortilla, de calquera cousa.
-Praia favorita.
-A de Beo (Malpica)
-Non sae da casa sen...
-Roupa e a miña Blackberry.
-O mellor e o peor do día.
-O mellor é a noite. O peor, cando me ergo.
-¿Romarías ou verbenas?
-¿Hai que escoller podendo ter todo?
-Gasta pista con...
-(Sen dubidalo) Ahí viene el bombero.
-No verán infórmase con...
-Gústame moito a radio e Internet.
-A viaxe deste verán.
-Non o sei aínda, pero sempre por Galicia.