É difícil explicar quen é Toñito de Poi. «O meu avó dicía que quen fai de todo ten que facer algo mal, fixo». El foi patrón maior dun barco. «Parabamos en Corcubión ou Camariñas. Teño moitos amigos pola zona, como Suso Lista, en Corme». Da Costa da Morte tamén coñece as festas, «ás de Corcubión fomos tocar algúns anos», pero el prefire as privadas. Di que o seu sistema de vida é «non estar nunca nin de vacacións nin traballando», pero agora dedícase á televisión e aos concertos. Como líder do grupo Herdeiros da Crus asegura que «marcamos a fuego» a unha xeración de galegos con éxitos como Que ghallo é. «Así vos criastes sans e fortes», di entre risas.
-Comida e bebida.
-Octopus in the party e albariño.
-Praia favorita.
-A das dunas de Corrubedo.
-Non sae da casa sen...
-Chanclas, pantalón curto e unha guitarra.
-O mellor e o peor do día.
-O peor, erguerme. O mellor, unha cea compartida relaxada.
-¿Romarías ou verbenas?
-Romarías, aínda que odio as multitudes. As verbenas non as soporto.
-Gasta pista con...
-Ningunha, escoito a Pink Floyd e non é de bailar.
-No verán infórmase con...
-A Internet polo traballo.
-A viaxe deste verán.
-Non paro de viaxar, pero supoño que ás Illas Ons e Cíes.