IES Ponteceso. O sacerdote Alfonso Blanco Torrado ofrecerá dúas charlas sobre Xosé María Díaz Castro para os alumnos do instituto (8.45 e 10.00 horas).
Casa de Pondal. Miguel A. Mato Fondo será o guía dos alumnos pontecesáns na visita á casa familiar dos Pondal (15.00).
Santo Hadrián (Malpica). Os rapaces do CRA Nosa Señora do Faro participarán (10 horas) nun roteiro guiado polos profesores e alumnos do IES Urbano Lugrís seguindo algunhas das pegadas do libro de Xelucho Abella.
CEIP Eduardo Pondal. A autora cormelá Diana Varela Puñal compartirá unha sesión literaria cos alumnos dos colexios de Ponteceso e Corme (10.30).
En tren por Ponteceso. Alumnos de Corme percorrerán Ponteceso en tren turístico para coñecer con Luís Giadás os espazos descritos nos seus libros por Xosé Antón Pet Posse (10.30).
Biblioteca de Ponteceso. Os regueifeiros Suso e Antonio Xornes compartirán cos alumnos do instituto as claves destes combates dialécticos (11.50).
En tren por Corme. O percebeiro e escritor Suso Lista acompañará aos rapaces do colexio Eduardo Pondal polas rúas da localidade cormelán e dos seus arredores (15.00).
Galpón do Couto. Oli Xiraldez impartirá un obradoiro de maios destinado aos rapaces (17.00).
Casa do Cura. Sesión na que participarán o escritor Xabier P. Docampo, o ilustrador Xosé Cobas e o fotógrafo Daniel Puente (18). Coordina Verónica Couto.
Casa dos Veciños. A primeira xornada pecharase coas actuacións de Isabel Risco e Xosé Touriñán (23.00, 3 euros).