O IES Agra de Raíces recibiu o premio escolar de carteis con motivo do 8M

La Voz

CARBALLO

RAFA QUINTANS

Recoñecéronlle o traballo «Rompe as cadeas dos estereotipos de xénero»

06 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Educación, Carmen Pomar; e a secretaria xeral de Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participaron no acto de entrega de premios do concurso escolar de carteis con motivo do Día Internacional da Muller.

Entre os galardoados atópase o instituto Agra de Raíces de Cee, co proxecto «Rompe as cadeas dos estereotipos de xénero», con el obtiveron o primeiro premio da categoría de alumnos de terceiro e cuarto da ESO, e de primeiro e segundo de bacharelato.

Durante o acto de entrega de premios, o vicepresidente Alfonso Rueda indicou que «o camiño para avanzar cara a igualdade é a educación, que o respecto, a liberdade e a igualdade son os tres piares básicos desa educación polo que é necesario seguir traballando na igualdade na educación e nos valores».