José Antonio Domínguez (PP): «O da moción de censura é algo que só está na cabeza da alcaldesa»
CARBALLO

José Antonio Domínguez García (1955) valorou este primeiro ano de mandato: «Por parte do grupo popular estivemos sempre dando cobertura ao goberno porque está en minoría e en ningún momento fixo por facer un goberno de coalición. E como o Partido Popular é un partido responsable, como así o demostrou ao longo da historia recente de Cee, pois aprobamos dous orzamentos, 2019 e 2020, que levaban catro anos sen aprobarse, e aprobamos que tiveran tres dedicacións». E engadiu: «Todo o que consideramos razoable, aprobámolo, o que pasa é que a esta alcaldesa se non lle dis que si a todo, pois hai problemas, xa bloqueamos o goberno. Cando ela fala de que bloqueamos o goberno tería que dicir que cousa importante non sacou adiante por culpa da oposición de Cee ou por culpa do PP».
Tamén fixo referencia a unha posible moción de censura: «Ela quere desviar a atención con este tema e nunca tal cousa se falou, nunca. Ademais nós reunímonos publicamente como fixemos no salón de plenos. Nunca nos escondemos. A moción de censura só existe na cabeza da alcaldesa, nada máis».
Domínguez entrou en política en 1993 e foi alcalde da localidade do 2001 ao 2007.