Nova cara para «O nariz de Fiz», relato de Miro Villar

La Voz

CARBALLO

Villar, na Praza dos Libros carballesa, antes da pandemia
Villar, na Praza dos Libros carballesa, antes da pandemia BASILIO BELLO

Vén de publicarse unha nova edición, desta voz con ilustracións de Emanuel Lomeña

27 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Fiz vive nunha aldea da montaña da Galicia rural. É «unha criatura pequerrechiña e miudiña», pero posúe unha estraña habelencia que o vai converter en protagonista de emocionantes aventuras. Así evoca a editorial Galaxia o contido deste relato do escritor ceense Miro Villar, do que hai pouco máis dun mes, e baixo a colección Árbore, se fixo unha nova edición, desta volta con ilustracións de Emanuel Lomeña. Algo máis de 212 páxinas que espertan e tiran da imaxinación. O texto O nariz de Fiz foi gañador no seu día do certame de narración xuvenil Pura e Dora Vázquez.