A AELG recoñece a Teresa dos Cucos como Mestra da Memoria

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Garcia

A cantora malpicá recibiu recentemente a comunicación

07 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de comunicarlle á malpicana Teresa Reigía, máis coñecida por Teresa dos Cucos, que a finais deste ano será recoñecida co premio Mestra da Memoria, un distintivo creado pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Teresa confesábase onte emocionada co recoñecemento, do que aínda non tiña demasiados datos máis que que lle será entregado no mes de outubro. Na Costa da Morte xa Pazos de Merexo (2018) e Dolores Macías (2016) foron recoñecidos anteriormente con este distintivo.

Por outra banda, a AELG ultima os detalles do acto no que homenaxeará á ceense Concha Blanco, distinguida este ano coa homenaxe «Escritor na súa terra». Celebrarase o vindeiro sábado, 12 de xuño, e o programa de actividades inclúe a descuberta dun monólito conmemorativo, a plantación dunha árbore a escolla da propia autora e a inauguración da praza que o Concello lle dedicou.