Lucense de orixe e residente en Ourense case media vida, é unha das grandes expertas galegas do ciclo global. Falou en Dombate desa realidade, no ciclo «A luz da ciencia». Nesa mesma xornada participou tamén Xavier Fonseca
19 sep 2021 . Actualizado a las 22:50 h.A terceira edición das xornadas científicas A luz da ciencia dende o Dolmen de Dombate, que organiza a Deputación da Coruña xunto co Concello de Cabana, e baixo a coordinación de Jorge Mira, estivo dedicada á meteoroloxía e o clima. Unha das especialistas intervintes foi Susana Bayo Besteiro (Guitiriz, 1977), física especializada en atmosfera e medio ambiente, investigadora no EphysLab da Universidade de Vigo e residente dende hai moitos anos en Ourense, cidade na que foi concelleira (PSOE) durante un cuadrienio. Tamén é divulgadora meteorolóxica e membro da dirección executiva en España da organización The Climate Reality, fundada por Al Gore, que promove o coñecemento do cambio climático entre a poboación a través de actividades informativas. A súa conferencia, e as dos demais poñentes, poden descargarse dende as webs do Concello e da Deputación.
-Empecemos polo básico: ¿Existe o cambio climático, non?
-Si, por suposto! Hai moitas probas, de sobra. Máis choivas, máis sequías, máis nevaradas das que tiña que haber...
-É que como hai moito negacionismo co tema este...
-Si, xa sei, hai determinados lobis de presión que se aferran ao que poden, e que están impulsados pola defensa de certos intereses. O que está claro é que hai datos suficientes, por exemplo os aportados polo panel do cambio climático, que proporcionan probas científicas suficientes de como están as cousas.
-Afecta máis a uns lugares que a outros?
-En realidade, todo o planeta vese afectado polos cambios climáticos.
-Tamén hai quen di que cambios houbo toda a vida. Incluso que a especie humana é froito dun cambio climático.
-Claro que os houbo sempre, pero a gran diferenza é que este está causado por nós, e non pola variabilidade que sempre tivo o planeta. E iso nótase, por exemplo, en que é un cambio aceleradísimo. Os outros dábanse en milleiros de anos, pero os que estamos vivindo agora veñen sobre todo dende a Revolución Industrial. Non se pode comparar.
-E que se pode facer?
-Dise que hai tres actitudes. Unha, a de que non hai nada que facer. Outra, a da depresión: non hai solución. E outra, a do enfado, a do cabreo, a de esixir políticas para que as cousas cambien, ser conscientes dos problemas que temos e tratar de resolvelos.
-Sempre que non esteamos no famoso punto de non retorno, claro.
-É difícil de saber se estamos ou non, pero o imposible é o que non se intenta, así que imos tratar de facer algo.
-O problema é que consumimos enerxía, fainos falta, e iso é o que acelera os cambios.
-Ese consumo é a principal causa de do cambio, si. Os procesos nos fogares, nas industrias, en todos os ámbitos. Iso causa o 80 % das emisións. Así que temos que ir abandonando o consumo de combustibles fósiles, cambiar de hábitos. Hai moita investigación en marcha. O almacenamento de hidróxeno, e máis técnicas. Veremos como se pode ir facendo e superando as presións dos lobis.
-Vostede traballa activamente niso dentro da organización de Al Gore. Que é o que fan?
-Promovemos a divulgación, a concienciación. Queremos que a xente coñeza o problema que hai. A pandemia ensinounos a importancia da relacionarnos coa Natureza, de non enfrontarnos a ela. Do que vale defender a conservación da biodiversidade, a redución do dióxido de carbono, de manter as especies...
-Tamén foi concelleira durante catro anos en Ourense, e levou temas deste tipo. Como lembra esa etapa?
-Como moi feliz, foron catro anos moi intensos. Esforceime e tratei de cambiar a política ambiental da cidade.
-Tamén fai traballos de divulgación e de presentar o tempo en cadeas locais. Como o leva?
-Levo seis meses, e con moita ilusión. A miña especialidade é a meteoroloxía, e fago divulgación diaria, estou contenta e orgullosa con iso. Hai moita desinformación por aí, así que todo o quen se poida aportar é bo.
-E como xa ten poucos temas de traballo, outro é o dos informes enerxéticos. Como sabe, hai unha morea de solicitudes de parques eólicos en toda Galicia e tamén na Costa da Morte. Como valora esta situación?
-É un tema sensible de difícil resposta. Primeiro, hai que respectar sempre a natureza. Segundo, todas as enerxías provocan sempre algún tipo de dano. A todos nos gusta chegar á casa e darlle ao interruptor. Iso obriga en moitos casos a difíciles equilibrios. Hai que respectar a natureza e ter espazos naturais, si, pero tamén hai que producir.
-Que lle parecen as xornadas de Dombate, por certo?
-Gústame o nome, a luz da ciencia, porque dan luz neste tempo de tantas cousas nas redes sociais. Agradezo o esforzo.
La importancia de la corriente de chorro en el clima de Galicia
Cuando se habla de la corriente de chorro (la jet stream, en acepción inglesa), suele asociarse a los aviones intercontinentales, que la aprovechan para ganar más velocidad y gastar menos, siempre de Oeste a Este, entre Norteamérica y Europa, que esa es su dirección. Y se habla mucho menos de su influencia en el clima, a pesar de que es enorme, y mucho en Galicia, por su latitud.
La propia existencia de esta corriente, y las variaciones (ondulaciones especialmente) a que se está viendo sometida con el cambio climático, explican mucho de lo que pasa con las borrascas y los anticiclones (la corriente está justo en medio de ambos, y desplaza a unos y a otros). Y explica, por supuesto, eso de que «el tiempo está loco» cuando hay grandes variaciones de un día para otro, o más calor y sequía en invierno, y más lluvias en verano.
Un tema complejo y apasionante que en Cabana, en el centro de interpretación del dolmen de Dombate, desarrolló el periodista y divulgador científico de La Voz de Galicia Xavier Fonseca, especializado en meteorología desde hace un decenio (área en la que se inició sobre todo de la mano de Xoán Taboada), y que además está realizando su tesis doctoral, dirigida por físicos, sobre esta corriente tan asombrosa.
Fonseca dio algunas de las claves relacionadas con el cambio climático desde esa óptica, que tiene una enorme relevancia en la fachada atlántica. De siempre, ya antes de la aceleración actual del cambio global, pero ahora esos movimientos más o menos habituales durante las estaciones frías y calientes, con más o menos radiación solar, toman nuevos caminos.