Sés na Costa da Morte: o 2 de xullo, en Paiosaco e o 7, en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Sés, durante un concerto na Festa Galega de Malpica
Sés, durante un concerto na Festa Galega de Malpica BASILIO BELLO

A artista, de raíces bergantiñás, vén de avanzar unha remesa de datas confirmadas, entre elas estas dúas

12 may 2023 . Actualizado a las 00:52 h.

A Baña, Melide, A Coruña, Madrid, Teo, Vigo, Valga... María Xosé Silvar, Sés, vén de dar a coñecer unha completa remesa de datas de concertos confirmados para este verán, e entre eles hai, polo de agora, dous na Costa da Morte: o domingo 2 de xullo, en Paiosaco (Feira das Cereixas) e, o venres 7, en Carballo. A artista, con fondas raíces bergantiñás, traerá baixo o brazo o seu novo traballo, Diante un eco: «Alude a ese eterno tropezar que estamos vendo coa volta dos neofascismos. Moitos temas do disco xiran en torno a esa torpeza», contou para La Voz en novembro, tempo do lanzamento deste traballo. Xa queda menos para tela, de novo, na comarca.