Mónica Rodríguez, PSOE de Vimianzo: «Poder estar ao carón dos veciños é marabilloso»

f. rodríguez / s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

A candidata e alcaldesa di que estes catro anos foron difíciles, pero que aínda así sacou obras importantes e quedan outras por facer

20 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A alcaldesa Mónica Rodríguez Ordóñez (Calo, 45 anos) repite candidatura á fronte do PSOE de Vimianzo, e antes, dende o 2011, estivo nunha agrupación independente.

—Estes catro anos gobernos en minoría. Como foi a experiencia?

—Foron catro anos tremendamente difíciles. Ás veces parece que esquecemos axiña, pero tanto o meu equipo como eu non o imos facer tan facilmente. Somos conscientes do difícil que foi, cunha pandemia e todo o demais. Non quero que soe a escusa, pero se reflexionamos hai que ser conscientes dos momentos complexos e de incertidume e medo que vivimos.

—Que queda do bo e do malo?

—Do bo, a experiencia foi difícil, pero magnífica. Poder estar ao carón dos veciños é algo marabilloso, que nunca olvidarei. Con ese compromiso dende o primeiro día de estar con eles, escoitando, con moito diálogo e traballando arreo. É unha satisfacción persoal e espero seguir facéndoo, axudar cada día, buscar solucións, mellorar o Concello ou unha parroquia, os servizos... É moi positivo. Cando me deito e penso que puiden arranxar o día a día, mellorar algún problema, é moi bo. O negativo? Ás veces hai situacións difíciles, e hai que tomar decisións non fáciles. Esa responsabilidade pesa, pero cando un toma a decisión de estar nunha candidatura, sabe o que acarrea, o bo e o negativo. Tamén te atopas con xente que escoita pouco e que debería tender máis a man para construír, priorizar Vimianzo, analizar, e facer propostas. Eu tendo a man, sería bo para todos, é a nosa obriga.

—Que destaca do que se fixo nestes catro anos? E hai algo pendente que lle gustaría sacar adiante?

—Tras catro anos convulsos e difíciles, loxicamente quedou moito sen facer. Este goberno traballou arreo dende o primeiro día, a prol dos veciños. As actuacións de mantemento, en obras e con persoal propio, son visibles. O estado no que eu collín as parroquias era lamentable, cun abandono total e absoluto, e traballamos dende o primeiro día. En licitación e contratación estamos ao día, grazas aos traballadores do Concello, e cando chegamos había un colapso. E tendo en conta a pouca man de obra que hai, a inflación, os custes enerxéticos... E aínda así conseguimos melloras e obras de calidade, nos os vernices que acostumaba a facer nos últimos anos o goberno anterior. Hai moito pendente, como abastecementos, e o meu compromiso é seguir traballado arreo en infraestruturas, servizos sociais, o polígono... Grazas ao IDAE logramos un proxecto moi importante, como foi a substitución deses 4.500 puntos de alumeado para o aforro enerxético. Somos un Concello saneado, aínda que a algún nos lle gusta, e parece que queremos volver atrás, difamando. Sen operación de tesourería, co pulmón económico do Concello, fixemos esta obra. E como isto, moito máis.

A LISTA

1. Mónica Rodríguez Ordóñez

2. Víctor Manuel Muíño Ramos

3. María José Pose Pérez

4. Miguel Ángel Pérez Méndez

5. Rosa Blanco Lema

6. Mario Andújar Mouzo

7. Sergio Miñones Oanes

8. Manuel Pose Tomé

9. Beatriz Pazos Nimo

10. Josefa Campos Villar

11. Martín Rego Pose

12. Ismael Quintáns Pose

13. Irene Blanco Blanco

Suplentes: Paula Mouzo Maceiras, José Antonio Miñones Riveiro, Roi Caamaño Cundíns, Saira Castiñeira Rey, Manuel Pose Pérez, Mª del Pilar Mouzo Domínguez, José Pose Pérez, Adriana Lema Pérez, Manuel Pérez Ferrín, Jesús Martínez Barreiro

PREFERENCIAS

  • A que hora se ergue? Sobre as 7.00
  • Que almorza? café con torradas
  • Prato preferido: Xudías con polo
  • Que non comería? Ostras
  • Bebida preferida: Auga ou café
  • Equipo de fútbol: Os locais. Non son moito de fútbol
  • Que coche ten? Un familiar
  • Unha afección: Estar coa filla, viaxar en familia
  • Un lugar: Castrobuxán
  • Unha rede social? Facebook e Instagram

ARTES E LETRAS

  • Escritora, escritor favorito: Mirian Gándara e Natalia Lema
  • Último libro que leu: Las cinco reglas del amor
  • Última película que viuSica
  • Un artista: Os nosos artesáns do Castelo
  • Un actor: Luis Tosar
  • Unha actriz: María Villaverde Ameixeiras
  • Un cantante: Irma Macías
  • Tipo de música: Pop e salsa
  • Deporte que practica: Camiñar, cando podo
  • Unha viaxe pendente: Moitas. Singapur