
Galaxia publica esta obra merecedora do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
28 may 2023 . Actualizado a las 17:53 h.«Teño un volcán dentro», da autoría de María Canosa, xa é realidade. Un novo libro! Este mesmo mes recibía a ceense o galardón que mereceu esta obra, o quinto Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2022, convocado pola asociación Barbantia, o Concello de A Pobra do Caramiñal e a editorial Galaxia. Un maio especial, xa que logo, para a escritora, que continúa agrandando o seu xa máis de medio cento de obras individuais e que o día 17 foi recoñecida ademais en Ponteceso como Boa e Xenerosa. «Miguel observa o mundo con ollos comúns, pero ten unha mirada diferente...»: por aí vai este libro cuxas ilustracións son de Zaida Novoa.
