Areas que se meten no corazón

Xosé Ameixeiras
A. Lavandeira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A. LAVANDEIRA

O ABALADOIRO | Por Laxe trasncorreu unha das rúas do curso de monitores de tempo libre da Fundación Pondal

13 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Areas que «mesmo se meten no meu corazón». Así alude Eduardo Pondal aos áridos de Laxe, por onde o sábado transcorreu unha das rutas do curso de monitores de tempo libre que seguen dúas ducias de alumnos xa maiores de idade. A formación corre a cargo da Fundación Pondal, baixo a dirección da profesora Rocío Romar, quen deseñou e redactou unhas completas guías cos aspectos históricos, xeográficos, culturais e literarios dos percorridos, que son sete en total. O último será este vindeiro venres polo esteiro do Anllóns. A andaina por Laxe comezou na praza Ramón Juega, con alusións ao médico e alcalde que lle deu nome a ese lugar, e máis a Isidro Parga Pondal, de quen destacou o seu labor científico e mineiro. A Igrexa foi a seguinte parada, con explicacións relativas á arte e á arquitectura. Logo, o grupo emprendeu camiño cara os acantilados da Insua, cargados de paraxes fermosas, ata chegar á punta, onde está escultura da Espera. Seguiron pola beira do mar ata a Pedra dos Namorados e a praia dos Cristais. E volta á praza.