Nova edición do Castro Animado de Borneiro, o 15 de xullo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Haberá gastronomía, recreacións, animación ou xogos tradicionais

04 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Castro A Cidá de Borneiro (Cabana) acollerá o sábado 15 de xullo unha nova edición do Castro Animado, unha das citas máis animadas do verán cabanés que levará aos asistentes de volta á idade castrexa.

Recreacións, unha tirolesa, degustación de produtos típicos, xeados, bebidas castrexas, artesanía, cerámica ou xogos tradicionais son algunhas das cousas que poderán verse no acto, que forma parte da programación cultural estival do Concello e que comezará ás seis da tarde.

Segundo explican dende o consistorio, o achegamento á cultura castrexa virá da man da recreación histórica a cargo do Clan de Breogán e coas visitas animadas co castrexo Yago Espasandín. O Son do Castro e o espectáculo de danza e circo Glamping, de S.U.M.A. aportarán o compoñente máis lúdico.

Á noite, a partir das 21.00 horas, celebrarase unha verbena e foliada musical con diversos grupos e para repoñer forzas haberá queimada, conxuro e degustacións.