O Bergantiños anuncia nova fichaxe, a do lateral esquerdo Isma Rodríguez

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O club presentará o mércores o seu equipo para a vindeira tempada
O club presentará o mércores o seu equipo para a vindeira tempada basilio bello

Vén de xogar na UD Ourense e estivo tamén na canteira do Valladolid

25 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Bergantiños FC segue desvelando algunhas perlas do que será o seu primeiro equipo de cara á vindeira tempada. Onte, na véspera do día do Apóstolo, anunciou a incorporación do lateral esquerdo/extremo Isma Rodríguez, que vén de Val do Dubra e que a campaña pasada militou na UD Ourense de Terceira División. Ten vinte anos e procede da canteira do Valladolid.

Pouco a pouco o club carballés vai desvelando como será o conxunto co que retornará á quinta categoría do fútbol español, mais será este mércores cando o presente oficialmente. Será nun acto que se celebrará nas Eiroas a partir das oito da tarde.