«Eduardo Pondal é como un planeta»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Acolleu Espiral Maior Foro, en Carballo, a sexta sesión do Seminario Eduardo Pondal XXI

24 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A sexta sesión do Seminario Eduardo Pondal XXI reuniu onte en Espiral Maior Foro (Carballo) a unha vintena de persoas que participaron activamente dun debate logo do relatorio da docente Paula Cousillas. Centrouno na figura do bardo en Queixumes dos pinos, facendo «unha relectura», explicou Miguel Anxo Fernán Vello, director de Espiral Maior. Os participantes deste seminario teñen formación moi diversa, o que permite achegarse a Pondal dende variadas perspectivas: «Pondal é como un planeta, hai nel moita substancia», incidía Fernán, satisfeito pola afluencia á convocatoria. Entre os presentes, Luís G. Soto ou tamén Afonso Xavier Canosa.