![](https://img.lavdg.com/sc/An9rCHwXZmtdVJNiw_Lz817Xe2o=/480x/2023/10/14/00121697311262204965164/Foto/CO15C12F1_1.jpg)
A temática está perfectamente definida, pero sobran certos automatismos dos actores
15 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Para contar ben hai que ter oficio, pero tamén é moi conveniente en calquera manifestación artística posuír unha sensibilidade especial. E no teatro, independentemente do resultado final, encontramos múltiples ferramentas para desenvolver esa diversidade de sentimentos tan humanos.
Este é un bo resumo. Por exemplo Kukas, que monta Guernika, unha xoia de cinco minutos para denunciar os efectos das guerras na natureza, e homenaxear a Picasso, cuns elaborados monicreques que mesmo parecen vivos dentro dun pequeno teatro de guiñol. Ou o clown Guillem Albá que en Ma solitude cunhas mans de goma e un moneco consegue tocarnos a fibra e encher de tenrura os corazóns máis duros, como de feito consegue que lle lata a ese monicreque nunha escena que engaiola. E podemos seguir con Caxoto e Gema Santos, que contan en lingua de signos unha historia de amizade e superación para os nenos. Falamos de inclusión, tan necesaria en todos os ámbitos.
Non me podo esquecer do pallaso Roi Borrallas, que cal Alicia a través do espello, terminou a súa actuación cun número glorioso no que usando espuma é capaz de crear mil caretas.
Nin de Vero Rilo e Santi Cribeiro co seu acordeón enchendo de música e contos de sempre unha noite que terminou co rock de Adhara & Ritman. Todo un mundo de variadas sensibilidades que con maior ou menor acerto fixéronnos sentir que a vida é algo máis que traballar, comer e durmir.
O PEQUENO PONI, de Paco Bezerra e Redrum Teatro
Pararemos con detalle nesta estrea que esperabamos con moito interese sobre todo polo tema do que trata, polo recoñecido prestixio de Paco Becerra e pola traxectoria de Redrum Teatro. Hai que dicir que son moi valentes enfrontándose a un problema tan preocupante como é a violencia e acoso infantil nas escolas baseado nun feito real.
Un conflito que afecta ás vítimas, verdugos, familias, estamentos educativos e sociedade en xeral. Aínda que xa existen protocolos para actuar, a maioría das veces non se aplican correctamente polas dúbidas que suscita o estigma de quedar marcados por feitos tan aborrecibles.
Neste pequeno poni a temática da que falamos está perfectamente definida e as contradicións moi ben expostas, fundamentalmente as que teñen os propios pais entre si e co fillo maltratado e as que teñen coa dirección educativa e a xustiza.
Outra cousa é o xeito físico, interpretativo, de contalo. E penso que neste aspecto a obra está pouco traballada. Pode ser que por ser a estrea os actores estivesen especialmente nerviosos e non foron capaces de meterse no papel. Pode ser tamén que o director, Alex Sampayo, non quixera darlle máis dramatismo a un tema xa de por si bastante cru. Pero que os protagonistas actúen como autómatas dándose as replicas como se estivesen nunha lectura de ensaio, a excepción da primeira na que se piden un bico, e que se note tanto que lles costa moito interiorizar sentimentalmente o texto, foi unha pena. Agora ben, son bos profesionais e seguramente saberán corrixir eses defectos. En todo caso é a miña opinión. A maioría do público aplaudiu con ganas.
Tampouco me gustou a escenografía, pero xa sabemos que os gustos son sempre persoais. Si me encantou esa idea das butacas que ían separando segundo eles se distanciaban. E a traca final de Disney World para esquecer. Seguiremos contando...
Saúde e larga vida!
HOY
«El traje». Se trata de una comedia negra de Juan Cavestany con Javier Gutiérrez y Luis Bermejo sobre las tablas. «Es el primer día de rebajas en unos grandes almacenes de la capital. La gente ha entrado en tropel y ha habido un accidente. En las entrañas del edificio un vigilante de seguridad interroga a un hombre de negocios que vino a comprar un traje y que ha tenido algo que ver con los hechos». Esta es la sinopsis de una obra que es, en realidad, casi una versión de un proyecto que arrancó hace casi diez años y que ahora está de nuevo de gira. Javier Gutiérrez señaló que la obra es muy exigente físicamente por el ritmo que tiene. Destacó además en una entrevista a La Voz de Galicia que el público responde muy bien y calificó la obra de «desternillante», aunque también permite a la gente reflexionar sobre algunos temas. Las entradas para esta obra están agotadas desde hace días en Ataquilla.