Un retrato de Ana Pontón, mais tamén «colectivo»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

Presentado na biblioteca Rego da Balsa de Carballo o libro en torno á portavoz nacional do BNG

25 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

«Non me parecía que houbese materia para facer un libro das características que el detallaba», dixo onte en Carballo a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sobre o momento no que recibiu do escritor Suso de Toro a idea de escribir un en torno a ela: «Son unha persoa absolutamente normal», engadiu. Mais aí está Descubrindo Ana Pontón, obra presentada na biblioteca Rego da Balsa de Carballo co propio autor e coa protagonista, presentados por Ánxela Criado. De fácil lectura, doado, «non estritamente biográfico», mais si sobre persoa e personaxe, «retrato colectivo» e en movimento, cunha reflexión de fondo sobre un momento moi concreto do BNG. Así definiu Pontón este traballo na capital de Bergantiños, un dos bastións do nacionalismo en Galicia.