Suíza

Santiago Garrido Rial
Santi Garrido PICO DE MEDA

CARBALLO

José Manuel Casal

29 ene 2024 . Actualizado a las 12:47 h.

Volve a haber moito debate sobre a emigración en Suíza, polo menos nas redes, xerado por novas ou por declaracións relacionadas co traballo aló (oportunidades, salarios, comparativas con como era antes...) . Aínda que, como en todo, hai xente con comentarios moi exacerbados, a cousa é que falar do que pasa alí é bo, porque nos afecta directamente aos de aquí. Todos (to-dos) temos amigos, familiares directos, veciños ou coñecidos (en moitos casos temos ata todo iso xunto) vivindo e traballando en Suíza. O fluxo diario de viaxes e comunicacións entre ese país e (sobre todo) a Costa da Morte debe de ser o de máis intensidade dunha comarca española con outro país en relación á poboación. Pero, sabendo iso, cando se poñen as grandes cifras da emigración, a de Suíza parecía que quedaba algo de lado en comparación coa americana. Os números transatlánticos son moi superiores, claro, pero os contactos desas tres xeracións coa súa terra natal xa quedan febles, agás para votar, que aí si que pesan (igual o vemos o 18, quen sabe). A de Suíza é unha relación potente, estreita, por avión e por estrada, con intereses e operacións económicas, actividades familiares. Se un retornado ten que ir a Berna a facer unha revisión médica ou ver aos netos, vai, e case dun día para outro. Se un de aló ten que vir arranxar algo dunha leira, vén. Idas e voltas que van cristalizando con irmanamentos, cunha exposición extraordinaria coma a de Taxi Compostelle en Delémont, con cargos políticos e sociais en Suíza que saíron desta nosa terra, con xente integrada alí de xeito complicado ao principio, pero satisfactorio despois. Suíza xa é unha parte de nós.