![](https://img.lavdg.com/sc/7KBPMh2iA7XDw1FubuAih2rxDyg=/480x/2024/05/16/00121715854561312264188/Foto/C_20240516_113929000.jpg)
Hydn, con raíces en Cee, trae tamén ledicia para a Costa da Morte, ao igual que Brais Morán. Na categoría de canción de autor impúxose Guadi Galego, por certo primeira confirmación para a Carballeira de Zas 2024
16 may 2024 . Actualizado a las 22:47 h.Varios nomes da Costa da Morte concorrían á 11.ª edición dos Premios Martín Códax. Na categoría de folk, Caamaño&Ameixeiras e De Ninghures. Na de canción de autor, Antía Muíño. Na de músicas urbanas, Hydn, con raíces en Cee. En blues, funk e soul, Brais Morán, que as ten en Bergantiños Pois ben, a gran festa que foi o mércores pola noite o Pazo de Pontevedra xa deixou galardoados, e tresdeses premios veñen para a Costa da Morte, da man de Caamaño&Ameixeiras —Sabela Caamaño e a baiesa-laxense Antía Ameixeiras—, que repiten así o galardón obtido no 2021; de Hydn , que leva ledicia á vila da Xunqueira, e de Morán, que a trae a Ponteceso.
![](https://img.lavdg.com/sc/TH_L30aGVjyV5FPJZIr9jDwOxt8=/480x/2024/05/16/00121715854561650479189/Foto/C_20240516_120009000.jpg)
Guadi, na Carballeira de Zas: confirmación!
Para poñer o premio en perspectiva, baste recordar as máis de 400 candidaturas entre as que tivo que decidir o xurado para elixir 57 finalistas en 19 categorías, nun ano no que o voto popular, ademais dos socios e socias de Músicas ao Vivo, tivo peso por vez primeira no baremo. Ademais do grupo De Ninghures e Caamaño&Ameixeiras, concorría en folk Susana Seivane.
![Guadi Galego foi a primeira confirmación para a Carballeira de Zas](https://img.lavdg.com/sc/cs4yIm-IxA_PP8ECm92B-SwwKZk=/480x/2024/05/16/00121715854621485920615/Foto/C04L2046.jpg)
Na categoría de canción de autor, o premio foi para Guadi Galego, por certo primeira confirmación, este mesmo xoves, para a Carballeira de Zas 2024. O festival xa ten datas: 9 e 10 de agosto, e queda aberta a billeteira de entradas en liña, a un prezo para non perder tempo: os 100 primeiros bonos para os dous días, 15 euros máis gastos.