Reeditan «Tita», obra referencial de Concha Blanco

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

AIRA EDITORIAL

O libro da escritora ceense é publicado agora por Aira Editorial: saíra á rúa coa desaparecida Everest

25 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

«Unha das obras máis famosas de Concha Blanco nunha nova edición ilustrada por Miguel Robledo». Así é como presenta Aira Editorial unha das súas máis recentes publicacións, obra que a prolífica escritora ceense, moi probablemente a autora da Costa da Morte con máis libros publicados, tiña na desaparecida Everest. Para esta saída con Aira Editorial houbo algúns cambios sobre o texto orixinal, se ben se mantén a historia de base: «A tita vive con Noa e a súa familia. Axuda na casa e apréndelle á nena cousas moi valiosas para a vida. Mais un día, o cuarto da tita aparece baleiro. A onde marchou? Por que ninguén lle conta nada a Noa?». Adiantara xa Concha nun foro recente no albergue Bela Muxía que algunha novidade chegaría axiña, e aquí está esta, pois. As primeiras liñas, para ir abrindo boca: Aquela tarde a tita colleume polos tirantes do pantalón, levantoume tres metros no aire e chantoume dentro do baño grande...