Nuevo cruce de acusaciones entre la comisión de fiestas de Malpica y Cañizo
CARBALLO

Lee el último comunicado íntegro de Mallas de Area, aquí
27 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Este domingo pusieron fin las Festas do Mar más polémicas que se recuerdan en años. La comisión desistió de su organización cuando apenas faltaban unas semanas debido a la mala relación con el por aquel entonces edil de Festexos, Alfredo Cañizo, según dio cuenta la entidad promotora, la asociación Mallas de Area.
Y la inexistencia de esa sintonía fue el detonante que acabó por fracturar el gobierno de coalición entre el independiente y el PP, ahora en minoría.
Las aguas están revueltas en esta localidad, sobre todo, estos días, en los que no cesa la sucesión de comunicados de la comisión de fiestas, el Concello, Cañizo y el PSOE. El BNG, por el momento, mantiene una postura más contenida. Y es que también en la previa a las celebraciones en honor a la Virxe do Carmen, pues haberlas las hubo entre iniciativas particulares, el Concello y la cofradía de pescadores, también trascendió la denuncia, confirmada, al teniente de alcalde, el popular Miguel Fernández, por parte de un trabajador del servicio de limpieza de playas, descontento con el trato recibido por parte del concejal.
Así, pues, la vida política y social está más viva que nunca. Para ejemplo, que en pleno domingo de las Festas do Mar, la comisión volvió a emitir un nuevo comunicado, y ya van unos cuantos, para aclarar nuevos detalles respecto a lo sucedido. En las líneas escritas destaca, sobre todo, un párrafo, en el que acusan al edil portavoz de Alternativa dos Independientes por Malpica de incumplir «sistemáticamente o acordo vixente con Portos de Galicia e o mandato do alcalde en canto á colocación de atraccións dirante as festas» bajo la organización de la comisión, ya que, según los integrantes de la misma, permitió a sus costas la «instalación de moitas atraccións fóra dos espazos habilitados». Y añaden: «Ao respecto esta asociación non recibiu a asignación habitual por estas actividades nin o ano pasado nin este, como viña sendo normal. E gratis non veñen...».
Otro aspecto que matizan es en relación al servicio de bebida de la asociación, que fue criticado por Cañizo: «É fundamental para poder sufragar o gasto das festas. Se non fora así, non poderiamos organizalas da maneira que se levan facendo ultimamente». Al contrario, le echan en cara su preocupación, cuando en la Feira Mariñeira que él organiza «ordena instalar numerosos tipos de establecementos ambulantes de venda de bebida e comida, artesanía, etcétera, en competencia directa cos comercios e establecementos hostaleiros locais, incluso nalgún caso obstaculizando o paso ou a detección dos negocios».
Asimismo, aclaran que la subvención municipal fue aprobada el 26 de julio, «non a principios de ano como el di no seu comunicado».
comunicado íntegro
Non queremos entrar en polémica e como xa dixemos, ábrese un tempo novo na nosa vila.
Sen embargo, tras os últimos acontecementos e por petición de moitos de vós, vémonos na
obriga facer público o seguinte comunicado (2 partes) onde expoñemos os motivos
principais da nosa postura para coñecemento da veciñanza.
Queremos deixar totalmente claro que esta asociación NON EMPREGA
DESCUALIFICACIÓNS persoais cara ninguén. LAMENTAMOS e CONDENAMOS que
calquera persoa sufra acoso físico ou mediático no exercicio da acción política ou social.
Solidarizámonos con quen se vexa nesa situación.
Tal e como manifestamos nun comunicado anterior, a nosa decisión de desistir de organizar
as Festas do Mar 2024 veu fundamentada polo deterioro das relacións co ex-concelleiro de
Festexos, orixinado polo DESGASTE baseado na CRÍTICA INFUNDADA e nos ATAQUES
INCONGRUENTES da súa parte. Dados os últimos acontecementos, queremos aclarar o
seguinte:
1- Comunicamos que tiñamos practicamente cerrado o cartel das Festas do Mar 2024 e así
o puido corroborar algún medio de comunicación de boca dos propios artistas e agrupacións
confirmadas. Aprobouse a subvención municipal o 26 de xullo, non a principios de ano
como el di no seu comunicado. Malia todo, queriamos organizalas, mais as formas e o claro
interese persoal de ORGANIZALAS EL, tal e como expresou publicamente en xuño de 2023
no penúltimo parágrafo do seu xa FAMOSO COMUNICADO polo tema da choiva e as
haimas na Festa de S. Hadrián onde di TEXTUALMENTE:
“Así mesmo, dende a miña concellería, nesta nova lexislatura que iniciamos, vou
levar a cabo as xestións precisas para recuperar as festas que se facían de forma
tradicional e co consenso de asociacións, hostaleiros e o propio criterio do Concello,
que considero que é o que se debe facer”.
Evidentemente, tamén coa recuperación este ano das Festas do Corpus, gastando nunha
celebración innecesaria (que nós viñamos facendo conxuntamente coa festa de Santo
Hadrián) uns recursos que ben se podían aproveitar para APOIAR A TODAS AS
COMISIÓNS DE FESTAS DO MUNICIPIO; cando ademais, por parte da alcaldía, se nos
comunicara, no pasado novembro, que o Concello non estaba en condicións económicas de
apoiar as comisións tal e como viña facendo en especie (carpa, xeradores, vallas etc.). E
tamén que “mentres houbera comisión de festas, o Concello non ía organizar festa popular
ningunha".
2.- Agradecemos que recibiramos por primeira vez unha carta solicitándonos
documentación. Sempre foi unha demanda nosa ter ACORDOS CLAROS de cooperación
POR ESCRITO. Mais en tres anos de goberno na súa concellaría NUNCA CUMPRIU tal
petición. Lamentamos, non obstante, que tiveramos que reunirnos co alcalde, cita na que se
lle trasladou a posibilidade de desistir na organización das Festas do Mar, para que iso fose
o detonante de tal cambio no seu proceder: deixar algo por escrito, aínda que co único
obxectivo de protexerse a posteriori.
3- Agradecemos o interese do ex-concelleiro de Festexos pola hostalaría local cando critica
o noso servizo de bebida, sabendo que é fundamental para poder sufragar o gasto das
festas. Se non fora así, non poderiamos organizalas da maneira que se levan facendo
ultimamente. Resulta sen embargo, que o ex-concelleiro manifestou unha
INCONGRUENCIA maiúscula con esa preocupación cando organiza a Feira Mariñeira na
que ORDENA INSTALAR numerosos tipos de establecementos ambulantes de venda de
bebida e comida, artesanía etc. en COMPETENCIA DIRECTA cos comercios e
establecementos hostaleiros locais. Incluso nalgún caso OBSTACULIZANDO o paso ou a
detección dos negocios locais polos posibles clientes.
4- Así mesmo, agradecemos, aínda que tardía, a súa preocupación por cumprir normativas
e tramitar permisos. Non obstante, o ex-concelleiro de festexos manifestou repetidamente
unha clara INCONGRUENCIA con esas normas no que respecta ao uso e ocupación de
espazos do porto. INCUMPRIU sistematicamente o acordo vixente con Portos de Galicia e o
mandato do alcalde en canto á colocación de atraccións durante as festas baixo a nosa
organización xa que permitiu, ás nosas costas, a instalación de moitas atraccións fóra dos
espazos habilitados. Ao respecto esta asociación non recibiu a asignación habitual por
estas actividades nin o ano pasado nin este como viña sendo normal. E gratis non veñen...
5.- Non está nos obxectivos da nosa entidade que CESEN concelleiros. Se alguén fixo
posible o seu CESE por parte do alcalde, non foi para nada esta asociación, senón a
PRESIÓN POPULAR da cidadanía malpicá a raíz da ERRÁTICA e REITERADA
TRAXECTORIA no desenvolvemento da súa función pública cos veciños e co tecido
asociativo deste municipio, onde o tropezo con nós foi simplemente a gota que colmou o
vaso.
Como xa dixemos, valoramos e agradecemos a NOVA DISPOÑIBILIDADE para conversar e
cooperar desde o Concello a partir da reestruturación do goberno municipal. Esa foi sempre
a nosa procura, malia a que lamentamos a súa tardanza.
Pese a todo, rematamos reafirmándonos en que esta asociación seguirá traballando e
colaborando, na medida das súas posibilidades, con todo aquel que teña como obxectivo o
ben común da vila que nos viu nacer.