Moita biblioteca e divulgación na axenda deste mércores para a Costa da Morte
CARBALLO
Vive a comarca | Carballo, Vimianzo, Dumbría e A Laracha concentran as propostas deste 23 de outubro
23 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A conmemoración do Día da Biblioteca —24 de outubro— segue tendo presenza na axenda da Costa da Morte. Hoxe, mércores 23:
Carballo • Tres contacontos, o primeiro ás 10.30 na escola das Landras, e os outros dous na biblioteca Rego da Balsa (17.00 e 18.30). Na primeira ubicación, Un agasallo para Sanxo, para nenos de 0-3 anos; na segunda, Contos para sementar, para público de entre 3 e 8. Ás 16.30, construción dunha escultura para maiores de 9 anos.
Vimianzo • Dúas citas con Inacio Vilariño e Fantoches Baj. A primeira, ás 10.30, para alumnado de primaria dos colexios de Baíñas e San Vicenzo, a obra Novos lobos. A segunda, Burromaquia, irá dirixda a alumnos de infantil do San Vicenzo e as escolas de Castromil e Carantoña: 12.30. Ambos encontros, na Casa da Cultura, onde, en colaboración co Incibe, e entre 16.00 e 19.00 seguirá tamén instalado un estand de ciberseguridade aberto aos interesados.
Dumbría • Máis Outono nas bibliotecas. A cita de hoxe será na de Berdeogas (18.00), con A Xanela do Maxín. Unha actividade con experimentos para todos os públicos baixo o nome de Toupiciencia.
A Laracha • Despídense as Xornadas de Promoción da Saúde cunha charla acerca dos coidados na menopausa. Ofreceraa a matrona: 19.00, Casa da Cultura, acceso libre.
Jornada «Tecendo o futuro do sector textil en Galicia», hoy mismo
El Polo de Emprendemento de Coristanco, junto con el de Ferrol y en colaboración con la Confederación de Industrias Textiles de Galicia (Cointega), promueve para hoy en el Centro Tecnolóxico de Arteixo, la jornada Tecendo o futuro do sector textil en Galicia. Será de 15.50 a 19.30 horas y permitirá conectar emprendedores y empresas del sector, explotando vías de colaboración y transformación.