Arte musical e patrimonio na axenda deste xoves para a Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

As visitas ao castro de Montesclaros quedan suspendidas por mor do mal tempo 

21 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Xoves 21 de novembro e varias citas na Costa da Morte. Cáese da axenda a visita ao castro de Montesclaros, na Laracha, debido á mala previsión de tempo. Tampouco se levarán a cabo no xacemento os traballos arqueolóxicos. Polo demais:

PontecesoA Fundación Pondal festexa Santa Icía, patroa da música, con dous concertos, ás 10.00 e 11.30, no instituto de Ponteceso, a cargo dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego. Acudirán tamén escolares do colexio Eduardo Pondal. Tamén hoxe pola tarde, na sede da fundación, ofrecerase ás 16.00 unha charla sobre facturas, parte da formación en dereitos dos consumidores: patrocina a Escola Galega de Consumo e promove a Casa da Muller.

Carballo / CoristancoAnllóns, canle e fronteira, é o título do paseo previsto para hoxe dende Vía Inqueda: Atardeceres de outono, con saída ás 16.30 e remate sobre as 18.30. Consulta de prazas no teléfono 696 155 232. Forma parte do Proxecto Anllonízate, para coñecer a contorna ambiental, paisaxística, cultural e etnográfica da Costa da Morte.

As PontesPero con matiz local. A soprano Gemma Román, xunto co seu grupo Afecto y Desdén, dará un concerto na Casa do Peso: 18.00 horas, parte do programa Dinamiz-ARTj. Afincada en Corcubión, é habitual colaboradora con entidades e iniciativas na zona.