Representación e un libro polos corenta anos do grupo Badius

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

A agrupación baiesa terá este mes dobre representación da súa nova comedia, «O parvo»

15 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo de teatro Badius cumpre este mes de dicembro corenta anos, unha andaina que comezou nos últimos compases de 1984 cunhas primeiras representacións no desaparecido Cine Pomares de Baio.

A agrupación, pola que ao longo destes catro decenios pasaron en torno a un cento de actores entre adultos e xuvenís, iniciará o día 28 a celebración de tan especial aniversario coa representación da súa última comedia no auditorio baiés (20.30 horas).

Trátase de O Parvo, unha peza que xa pasou por O Couto e Padrón, que o día 21 se vai representar tamén en Zas e que repite elenco respecto á última produción, coa incorporación de Juan Antonio Villar.

Ademais, informan dende a agrupación que o Concello de Zas editará, coa colaboración da Deputación da Coruña, un libro no que se recollerá toda a actividade de Badius ao longo destes corenta anos. Incluirá historia, anécdotas, fotografías, programas, artigos o a colaboración do grupo con iniciativas como as escolas municipais de teatro ou a Mostra de Teatro Labarta Pose.