O Nadal tamén é tempo de letras na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Silvia Tasende presentou en Carballo «O espírito das maceiras»
Silvia Tasende presentou en Carballo «O espírito das maceiras» BASILIO BELLO

Sucédense as presentacións literarias na bisbarra. Silvia Tasende, Lucy Fidalgo, Laura Romero, Alejandro Otero Jamardo...

29 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Se os Reis Magos precisan de inspiración, sen dúbida han de atopala na Costa da Morte, canto menos no que a literatura se refire. Semella que moitos son os autores e editoriais que están a aproveitar esta recta final do ano para dar a coñecer as súas novas publicacións, con presentacións e actos divulgativos case a diario.

Onte mesmo, no Casino de Carballo, a autora local Silvia Tasende acompañábase da xornalista Alejandra Mareque para falar da súa primeira novela, O espírito das maceiras. Sobre a mesa, exemplares do libro e, por suposto, unhas cantas mazás.

Alejandro Otero Jamardo presentou en Carballo «O cabuchón vermello»
Alejandro Otero Jamardo presentou en Carballo «O cabuchón vermello» ESPIRAL MAIOR FORO

O venres houbo dobre proposta, pois mentres en Espiral Maior Foro Alejandro Otero Jamardo presentaba a súa novela O cabuchón vermello, na compaña de Juan Carlos Díaz del Valle e Miguel Anxo Fernán Vello; en Vimianzo, Lucy Fidalgo falaba da súa historia de superación mentres daba a coñecer ante os seus veciños Promesas de otra vida.

Lucy Fidalgo presentou en Vimianzo «Promesas de otra vida»
Lucy Fidalgo presentou en Vimianzo «Promesas de otra vida» ANA GARCÍA

Laura Romero presentou en Cerceda «A culpa foi de Zënzar»
Laura Romero presentou en Cerceda «A culpa foi de Zënzar» BASILIO BELLO

Santiago Llovo e A salga en Cee e Dumbría, os docentes Fina Paulos e Óscar Rey con Intelixencia artificial para a sociedade, Víctor Cebey co seu poemario Do A ao X ou Laura RomeroA culpa foi de Zënzar foron outros dos relatores dos últimos días na Costa da Morte.