Rosa Aneiros abriu este 2025 os encontros de Baiolendo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

O club de lectura de adultos do instituto Maximino Romero conversou coa autora da súa obra «A noite das cebolas»

15 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Baiolendo, club de lectura para adultos no instituto Maximino Romero de Baio, prosegue neste 2025 descubrindo obras da literatura actual, e mantendo á vez encontros cos autores, para así darlle outro enriquecemento á lectura individual. A primeira visita deste 2025 foi a de Rosa Aneiros, quen dialogou cos integrantes do club da súa obra A noite das cebolas.

A autora, de Valdoviño, adentrouse no seu proceso de creación literaria, nos seus comos e porqués: precisa saber o comezo e final antes de escribire, opta por crear traballos destinados a unha lectura lenta, para desfrutar da propia literatura...

Aínda que certas cousas de base lle son moi próximas, a historia de A noite das cebolas nada ten que ver ela, dixo a escritora, presta tamén a falar dos personaxes máis destacados, tal e o caso de Abril e das súas múltiples capas. Falouse ademais do destino como parte natural da vida. Pola conversa con Aneiros desfilou «literatura en maiúsculas», non só pola súa presenza, senón tamén a través doutros nomes de autores, de Paul Auster a María Rei.