
O grupo de adultos da Escola Municipal do Concello de Zas inicia este domingo unha pequena xira
08 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Actuaron xa o pasado 18 de xaneiro en Zas, pero para este mes de febreiro, ben pode dicirse así, inician unha pequena xira. Os integrantes do grupo Sen Tempo Teatro, correspondente á Escola municipal de Teatro para Adultos do Concello de Zas, actuará este domingo 9 na Mata, en Cabana. Será ás 17.00 horas, e tanto a esta localidade como o 22 de febreiro a O Couto (Ponteceso) e o 23 a Coristanco levarán a obra A voltas co morto, dirixida por Pablo Soto, Pibe, e cun elenco do máis interesante. No Couto intervirán ás 22.00 e no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco, ás 17.15. Vaian gardando oco, pois: se non é nunha cita, na outra. Teñen opción de día e de noite.