O «Ponte de Entroido» de Ponteceso chegará o 2 de marzo á súa 31.ª edición

La Voz

CARBALLO

ANA GARCIA

Serán máis de 3.000 euros os que o Concello reparta en gratificacións aos participantes

15 feb 2025 . Actualizado a las 22:44 h.

Tres días, domingo 2 de marzo, luns 3 e martes 4, aglutinarán o groso das propostas de entroido do Concello de Ponteceso. A primeira das xornada será a máis destacada, coa 31.ª edición de Ponte do Entroido, un encontro que botará a andar cun desfile dende o Recheo ata a pabellón ás 17.00 horas. O caso pontecesán é particular en canto aos premios, pois todo son gratificacións por participar, uns 3.000 euros: 250 para as formacións de 11 ou máis persoas, 200 para as de 6 a 10 e 100 para as de cinco ou menos integrantes, ademais dunha axuda especial de 400 euros que elixen os propios participantes.

O baile de disfraces en Corme, doutro lado, será o martes 4, mentres que para o mércores 5 quedará o fin de entroido no Edificio das Escolas, con obradoiros e teatro.