
A primeira etapa está programada para o terceiro domingo de marzo; a última, para o 21 de xuño. Prazas limitadas a 200, con inscricións a partir do luns
20 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Convoca a asociación O Camiño dos Faros a 12.ª edición desta andaina de 200 quilómetros entre Malpica e Fisterra. A primeira saída iestá prevista para o terceiro domingo de marzo, coa última programada para o 21 de xuño. Os interesados en inscribirse poden facelo a través da web de O Camiño dos Faros, dende este vindeiro luns 24 ás dez da maña. As prazas están limitadas a 200. É impresindible facerso socio da entidade para poder participar, e o custe será de 60 euros (toda a edición, transportes e seguros incluídos), sumándolle os 10 euros de socio no caso de ter que facerse.
EN DETALLE
Salvo cambios obrigados por cuestións imprevistas ou polo tempo, o almanaque difundido pola entidade é este: Etapa 1, Malpica-Niñóns (16 de marzo), Etapa 2, Niñóns-Ponteceso (30 de marzo), Etapa 3, Ponteceso-Laxe (13 de abril), Etapa 4, Laxe-Arou (27 de abril), Etapa 5, Arou-Camariñas (11 de maio), Etapa 6, Camariñas-Muxía (25 de maio), Etapa 7, Muxía-Nemiña (8 de xuño) e Etapa 8, Nemiña-Fisterra (o 21 de xuño).