
O Abaladoiro | Silvia Tasende presentou en Espiral Maior Foro a súa novela, «O espírito das maceiras»
02 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hai días nos que a literatura inspira comunidade e vivencias profundas. Así o viron algúns dos que onte asistiron á sesión do club de lectura de Espiral Maior Foro sobre a novela O espírito das maceiras, da carballesa Silvia Tasende. O encontro deu para dúas horas de intercambios de pareceres moi amenas, con unha moi alta participación e con moi boa valoración, sobre todo por ser unha obra que recupera un mundo perdido. Unha especie de homenaxe a un lugar da infancia, a unha aldea, «co que iso conleva», dicía Miguel Anxo Fernán Vello, creador e inspirador de todo o que move ao redor dese forno cultural que levantou na rúa do Sol de Carballo. Tamén destacou o carácter cinematográfico da narrativa de Silvia Tasende, con escenas e imaxes que van tecendo un fío moi visual na súa obra. O exercicio literario dunha viaxe á memoria, onde reside o pouso dun pasado que se expresa nidio nun escenario no que reinou a felicidade. Un relato coral no que se pon en valor un legado cargado de emocións e de personaxes próximos e queridos.