Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A exposición «A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego» chegou a Madrid

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CONSELLERÍA DE CULTURA

A mostra, que recolle imaxes tomadas por 73 fotoxornalistas galegos, poderá verse ata finais de mes na Casa de Galicia

07 mar 2025 . Actualizado a las 22:34 h.

A mostra que compila 73 imaxes tomadas por fotoxornalistas galegos, entre eles, a compañeira de La Voz de Carballo Ana García, chegou a Madrid.

Logo de percorrer distintos puntos da Comunidade Autónoma, onte foi inaugurada nas instalacións da Casa de Galicia en presenza do conselleiro de Cultura, José López Campos, quen puxo en valor o labor que realizan estes profesionais da información. Tanto a eles, como, en xeral, ao colectivo dos xornalistas, agradeceulles que coa súa información contribúan «a construír a nosa memoria colectiva».

Durante o acto de inauguración da mostra, que se poderá ver ata o 28 de marzo, Campos explicou que se trata dunha iniciativa que, por unha banda, amosa «o gran traballo dos profesionais», e, pola outra, serve «para falar da nosa terra dende unha perspectiva diferente», dixo.