
Sábado 15 de marzo e un bo número de localidades para elixir entre propostas. ¡Bote un ollo!
15 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Sábado 15 de marzo e un bo número de propostas para esta xornada na Costa da Morte, varias delas ligadas á conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller:
Camariñas e Camelle • O Concello de Camariñas celebrará ás doce deste mediodía un pleno extraordinario onde a corporación municipal aprobará o nomeamento dunha rúa co nome de Silvia Lijó López, recoñecemento á traxectoria desta mestra. Despois, a comitiva desplazarase á rúa en cuestión —a que leva ao instituto Pedra da Aguia— para o descubrimento da placa. Tamén hoxe, pero ás 17.00 horas, e neste caso en Camelle, levarase a cabo unha homenaxe a Carmen Tajes Rodríguez (1921-2008), auxiliar sanitaria. A alcaldesa, acompañada de familiares, descubrirá una placa conmemorativa en lembranza da súa vida e traxectoria: rúa Muelle, ao carón do Museo de Man.
Fisterra • Saída ás 10.00 dende Fisterra da andaina Sementando pola igualdade, promovida dende o CIM, coa implicación dos Concellos de Fisterra, Cee e Corcubión.
Muxía • Acto de recoñecemento a veciñas, ás 20.00, no Salón do Voluntariado. Impulsa o grupo do BNG.
Cee • O BNG de Cee promove para as 19.30, na Praza Concha Blanco, unha homenaxe ás mulleres da man das letras. Con Concha Blanco, Guadalupe Vázquez Formoso, Junquera López e Rocío Leira.
Vimianzo • Teatro ás 20.30 no auditorio da Casa da Cultura: Un deus salvaxe, de Talía Teatro. Entradas a 5 euros.
Carballo • Tarde de Curruncho Pop na biblioteca Rego da Balsa, xornada de tributo ao grupo The Byrds. Botará a andar ás 19.30 coa presentación do libro The Byrds: más jóvenes que ayer, de Fernando López Chaurri, e segurá co concerto de Os Birdiños. Organiza Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística.
Cances e Noicela (Carballo) • «Felices 25»: velaí o lema da festa de entroido que promoverá ás 20.00, no local social, a asociación San Campio de Cances, que tamén cumpre un cuarto de século. Igualmente en Carballo, a comisión de Noicela promove a súa segunda Festa do Cocido: a mediodía, no cámping Baldayo.
Lemaio (A Laracha) • Segundo Cocido Carnavaleiro da comisión de festas, baixo carpa. Ás 13.30 horas, sesión vermú.
Oza (Carballo) • Ás 12.00, no Espazo da Natureza, presentación da 16.ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova.
Ponteceso • Mañá de presentación na Tenda dos Libros, organizada por Ponteceso Cultura Permanente. Ás 13.00, cita con Rodrigo Costoya e o seu libro El siglo del milagro, que mañá levará a Fisterra. Tamén en Ponteceso, pero no instituto Eduardo Pondal, haberá mañá e tarde unhas xornadas sobre formación e saídas dos ciclos e másteres en transporte e mantemento de vehículos.
Coristanco • A asociación A Fonte Sagrada reunirá hoxe a unhas 200 persoas baixo carpa diante da igrexa de Santa Baia. Das 14.00 en adiante.
Pontoxo (Cerceda) • A asociación de veciños Encrobas Viva dará a coñecer un estudio sobre «O Vello Camiño de Santiago». Será ás 18.00 horas, no local social de Pontoxo.
Xora (Vimianzo) • Sesión vermú por San Xosé, co dúo Jalisco, logo da misa das 13.00.
Zas • Baile para maiores, no centro sociocultural, de 19.00 a 22.00, co grupo Marieta.
Corcubión • A plataforma Reiseñores NEE/NEAE promove para hoxe a primeira sesión do programa Medrando Xuntas. Apoio entre familias, esta inicial ás 19.00 na Capela do Pilar.