Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Damián Álvarez, de novo, tras os desfiles da Mostra do Encaixe de Camariñas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Anima ás persoas que nunca presenciaron un a que se acheguen á vila en Semana Santa

01 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O vimiancés Damián Álvarez asumirá por cuarto ano consecutivo os desfiles da Mostra do Encaixe de Camariñas. Así o confirmou onte a organización, o Concello, convencido de que a súa aposta consegue destacar a pasarela camariñá como «unha referencia nacional a nivel organizativo e de proposta visual».

O soneirán, ilusionado con este novo desafío, avanza que calquera dos desfiles serán «un espectáculo», «traballados», con moita atención nas coreografías, nas luces e na música, para lograr que sexan «moi dinámicos e entretidos de ver». Por iso anima ás persoas que nunca presenciaron un a que se acheguen á vila en Semana Santa: «Estou seguro de que se sorprenderán», di.

De novo apostará polo talento de modelos galegos, con novos perfís «moi interesantes» e outros que repiten. ¡Comezou a conta atrás!