Franco Quintáns, 30 anos na Mostra do Encaixe, e volve a ela

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

MONICA IRAGO

O deseñador galego presentará este ano catro estilismos na pasarela de Camariñas

04 abr 2025 . Actualizado a las 19:25 h.

Semellará que foi onte, mais era o 1995 cando o deseñador galego Franco Quintáns participou por vez primeira da Mostra do Encaixe de Camariñas, naquela ocasión na categoría de Noveis Deseñadores. Hoxe, trinta anos despois, e mesmo varios anos director dos desfiles, é unha das firmas de referencia da pasarela, e volverá selo este ano. Presentará catro estilismos onde os tops de encaixe collerán o protagonismo xunto con faldas de tul rizado. Leva decenios aplicando encaixe, mais, di, «cada vez que o uso é un novo reto».