A arte volve a Mallas, Fisterra, coa reapertura da Casa das Peritas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CASA DAS PERITAS

O domingo inaugurouse a exposición «Corpos» e esta semana haberá dúas actividades culturais no pobo

15 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Con obras de Borja Insua, Gozo, Inés Silvalde, Llou Insidias e Óscar Aldonza reabriu, por sétima vez, a galería de arte ocasional A Casa das Peritas, que durante esta Semana Santa ofrecerá en Mallas (Fisterra) unha inusual programación cultural e artística.

CASA DAS PERITAS

Foi o pasado domingo cando se inaugurou esta exposición colectiva Corpos, comisariada por Natasha Lelenco, e para os próximos días están previstas dúas actividades na aldea: mañá, na Praza do Campo, o espectáculo de monicreques Barriga Verde, de Títeres Alakrán (19.00) e o sábado, na fonte do lavadoiro, concerto da cantautora Marián con instalación do escrultor Óscar Aldonza (19.00).