
Será unha tarde «moi entretida», avanza o director do Conservatorio local, Javier Bardanca
22 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O auditorio do Pazo da Cultura carballés será escenario hoxe, ás 20.00 horas, do terceiro encontro de Big Bands. O acto forma parte do Abril musical do Conservatorio.O director, Javier Bardanca, avanzou onte algúns detalles.
Para empezar, será unha cita con entrada libre, gratuíta e para «todos os públicos», ata completar o aforo. Será un concerto compartido pola Big Band carballesa, xa de longa tradición, e Xingro’s, de Redondela. Ambas formacións contan cuns vinte integrantes cadansúa. A música que interpretan é moi característica: americana, latina, dos anos 50-60. «Para darlle vida a este estilo», sostén Bardanca, quen avanza que será unha tarde «moi entretida». A ter en conta, que as dúas Big Bands contarán, tamén, con voces. No caso da formación bergantiñá, coa de Emilia Borja, alumna de clarinete e que participou en La Voz Kids, e co cantante Martín Carrión, ex de orquestras como a Trébol ou Los Satélites.