Valentín García entregou o premio do Concurso do Día das Letras galegas 2025 ao Celso Emilio Ferreiro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O colexio de Cerceda viviu unha xornada na que tamén estivo presente Teresa dos Cucos

13 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, entregou onte ao colexio Celso Emilio Ferreiro de Cerceda o premio do Concurso do Día das Letras galegas 2025 da Xunta, dedicado ás cantareiras e á poesía popular, na modalidade de Educación infantil e primaria. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude gabou o compromiso das xeracións máis novas coa cultura e idioma propios. A mostra gañadora, Cantareiras: poesía popular oral, ten un carácter integrador e inclusivo con técnicas e recursos diversos como os códigos QR ou os pictogramas. O centro recibiu, ademais, 2.000 euros.

A cantareira malpicá Teresa dos Cucos acudiu a unha entretida xornada no centro na que tamén participou o alcalde, Juan Manuel Rodríguez.