De Fornelos ás Rías Baixas, unha excursión de vecindade

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

A asociación veciñal A Fonte prepara xa, doutro lado, o seu San Xoán: 21 de xuño

28 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación A Fonte de Fornelos (Baio) continúa coas iniciativas para dinamizar a vida dos veciños. Veñen de participar no Roteiro da Pedra e da Auga por Meis e dunha excursión a Cambados, e en menos dun mes festexarán o San Xoán. Celebrarán a noite máis máxica do ano o 21 de xuño a partir das 22.00 horas, no campo da festa, con sardiñas, churrasco, sobremesa e bebidas, amenizado todo por unha discoteca móbil. Os socios terán que aboar 18 euros; os non socios, 26; os menores de 12 anos, 7 e os menores de 5 poderán acudir de balde. Os interesados han de anotarse ants do 13 de xuño, contactando con Felipe ou co grupo de WhatsApp dos socios.