
Representantes da asociación de veciños de Serantes agradeceron a Manuel e Toñi a súa xenerosidade coa campá da igrexa laxense
27 may 2025 . Actualizado a las 17:32 h.A asociación de veciños de Serantes, Laxe, promoveu esta pasada fin de semana unha viaxe a Asturias que comezou por Xixón. A emoción da expedición, non obstante, veu sobre todo co rencontro con Manuel e Toñi, do mesón Los Toneles, doadores no 2023 da campá da igrexa de Serantes que botara máis de dous decenios desaparecida, unha historia que La Voz de Galicia recolleu nesta información.
Durante o encontro no establecemento, representantes a entidade veciñal quixeron agradecerlle persoalmente a súa xenerosidade e vontade de devolver a peza, un xesto que «que permitiu recuperar unha parte valiosa do patrimoio histórico e emocional da parrroquia».

Dende Serantes destacan que esta excursión tivo un valor moi especial non só no lúdico ou no cultural, «senón tamén como acto de memoria e recoñecemento a quen contribuíu a conservar a historia viva de Serantes».