
Axenda diaria | O Encontro Bergantiñán de Carballo destaca, mais hai moitas outras citas
30 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Ademais do Encontro Bergantiñán de hoxe en Carballo —ver aquí—, todas estas citas a venres 30 de maio na Costa da Morte:
Cee • O IES Agra de Raíces organizou entre os seus actos de 50.º aniversario unha mesa redonda para as 10.30 na Casa da Cultura, con exalumnos: Artur Trillo, Jorge Lario, Sabela Ramos —por videoconferencia— e Laura Suárez. Modera o empresario Pepe Formoso.
Baio • Avanza o programa da Deputación Escora Danza, con actividades pola mañá no IES de Baio. Ás 18.30 horas, paseo con limpeza á beira do río e remate co espectáculo Velaiquich, amoorch!, do colectivo D’Elas.
Laracha • O 11.º Festival do Humor pechará ás 22.00 horas, na Casa da Cultura, con Palo Sevilla. Entradas a 10 euros no Concello ou antes do propio espectáculo.
Vimianzo • Ás 20.00, na sala Antón Mouzo, inauguración da exposición das Escolas de Arte e Panillo.
Coristanco • Ás 20.00, na biblioteca, presentación do libro O espírito das maceiras, da autora Silvia Tasende.
Corcubión • Na biblioteca, para alumnado, Contos arredor da terra, de Alba de Vales, polas Letras Galegas.
Malpica • Ás 12.00, no salón de plenos, presentación do certame Illas Sisargas.
Carballo • Ás 17.00, audición de violonchelo, fin do Maio Musical: aula de conxunto.
Verbenas • Na Rabadeira, Coristanco, con Saudade e Impacto. En Monte Torán, Bamiro, Gran Parada e Veneguay.