Muiñeira ou solidariedade co Rett, na axenda deste domingo na Costa da Morte
CARBALLO

Carballo ou Ponteceso serán epicentros, mais tamén hai outras localidades con propostas, como Malpica, con Escora Danza
01 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Iniciando o mes de xuño, e ademais da carreira 10K ou da nova clausura de escolas prevista en Cabana, Carballo bulirá en actividade hoxe co 42.º Día da Muiñeira da asociación Nemeth: xuntanza ás 17.00 no centro comercial, saída en pasarrúas ás 17.30 e chegada á Praza sobre as 18.00 para o baile conxunto de Muiñeira de Berdoais. Participan máis de 335 persoas de 34 grupos das entidades Carcaxía, Santa María de Torás, Xiradela, Churía, San Xulián, Xirandaina, Areas do Mar, Arume, San Campio de Cances, Xacarandaina e a propia Nemeth. Chegan, por tanto, dende Malpica, A Laracha, Arteixo, Zas, Marín, Santiago, Ares, A Coruña e Carballo, segundo detallou Bárbara Vilariño. Loas para a tradición.
Ponteceso • Xornada solidaria na Praza do Recheo, dende as 12.00 horas, con momento álxido nunha macrosesión vermú. Todo o que se recade será para axudar á investigación do Síndrome de Rett. Xuntanza de Coches Clásicos, Laura Añón, Fátima Pego, JJ Compota, Natalia Méndez, PIli Pampín, Begoña García, Rokiño, David Seara, Leo García, Drew Korme, Capitán Sabrosura, Pan Sen Fron, Elebé 2.0, La Bamba, Frank Fairlane... Para comer, callos, paella, empanada, tortilla... E sorteos!
Carballo • Tamén na capital bergantiñá, ás 18.00, no mercado, baile de domingo con Rocío Pérez, promovido dende a área de Terceira Idade.
Malpica • Logo de citas xa en Corcubión ou en Baio, o programa provincial Escora Danza chega hoxe a Malpica con varias citas. Ás 10.30, obradoiro de Amparo Martínez, no Fogar do Pensionista. Ás 11.30, taller de Fran Sieira, no centro sociocultural das Pozacas. Ás 13.30, Ousar, de Amparo Martínez, no paseo da praia. Ás 19.00, no porto, espectáculos 77.000, do colectivo DeXeito, e Lea, de Adro de Baio, dirixido por Fran Sieira.
Vimianzo • Teatro solidario. Ás 19.00 horas, na Casa da Cultura, función Un alto no camiño, coa Escola Municipal de Teatro. Está ambientada nos anos 40 nun misterioso cruce de camiños no monte. Entradas a tres euros na plataforma Woutick: o recadado irá destinado á Asociación Española contra o Cancro (AECC).
Muxía • Festa dos Maiores. Misa ás 12.00 no santuario, actuación de Xaramiños do Corpiño ás 13.00 e xantar ás 14.00 no pavillón. Logo, baile con Aixa Romay e Manolo Delfín.
Camariñas • Primeira acción ambiental dentro da campaña Camariñas, a perla da limpeza ambiental na Costa da Morte, de Mar de Fábula. Cita ás 11.00 na praia de Reira.
Cerceda • Ás 12.30, no auditorio municipal, Ecoralia, a lambona ecolóxica, con Pakolas e Laura Romero. Para familias.