A Real Academia Galega podería darlle hoxe as Letras Galegas ao baiés Labarta Pose
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO

A entidade celebrará hoxe un pleno no que os académicos terán que votar entre as catro candidaturas presentadas, sendo unha delas a de Enrique Labarta Pose
20 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O pazo municipal de María Pita, na Coruña, acollerá hoxe o pleno no que a Real Academia Galega elixirá o persoeiro aos que lle dedicará o ano que vén o Día das Letras Galegas.
A sesión será ás once da mañá, e durante a mesma os académicos e académicas de número elixirán á figura homenaxeada do 2026 entre as catro candidaturas que se formalizaron: o coruñés Miguel González Garcés (1916-1989), a viguesa Begoña Caamaño (1964-2014), o limiao Antón Tovar (1921-2004) e o baiés Enrique Labarta Pose (1863-1925).
De saír elixido este último, sería o segundo recoñecemento consecutivo que viría a recaer á Costa da Morte, logo da homenaxe coral deste ano ás cantareiras, personificada en mulleres de Cerceda, Muxía e Malpica.