
Avanza a programación do San Xoán na capital de Bergantiños: así vén este domingo 22 de xuño
22 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Logo do de Sidonie, e á espera de que chegue Ariel Rot, a Praza do Concello de Carballo acollerá esta noite o segundo dos tres grandes concertos deste San Xoán 2025, o de Son de Camagüey. Sonoridades actuais de Cuba que subirán ao escenario de man de 13 artistas, unha actuación programada para as 20.30 horas, de balde. Será unha das citas centrais da noite, pois a outra estará na zona Rego da Balsa, verbena a cargo da orquestra París de Noia dende as 22.45 horas en adiante.
Antes de que o sol se vaia, non obstante, as patronais de Carballo traerán outro goce. Para empezar, de 11.30 a 13.30, haberá no mercado unha degustación de petiscos de San Xoán. Á mesma hora chegarán os primeiros pasarrúas deste ano, co grupo de gaitas de San Campio de Cances e o grupo de gaitas de Arume de Verdillo. A charanga ACDC encargarase de levar a festa ás rúas a mediodía, xirando dende as 12.00.