Premio do Público para Badius en Arteixo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

A compañía baiesa mereceu este galardón coa obra «O parvo»

08 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo de teatro Badius (Baio) vén de merecer o Premio do Público na primeira Mostra de Teatro Amador Concello de Arteixo. Logrouno coa obra «O parvo», o que lles supón 500 euros a maiores dos 400 que xa lles correspondían polo mero feito de ser seleccionada a súa obra por un xurado para participar no encontro.