
Case 150 persoas participaron na andaina deste pasado sábado, con saída e chegada á praza
08 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Sumáronse o sábado novos pasos solidarios contra o cancro na Costa da Morte, desta volta en Fisterra, por iniciativa da xunta local da AECC. Dez quilómetros con 148 persoas anotadas, distintas xeracións, nun día de entrada fresco, mais que a medio camiño se volveu caluroso. Nin unha cousa nin outra mermou a ledicia do tempo compartido. Dúas horas de fermosas vistas, Mar de Fóra, Mallas, Langosteira, Cruz de Baixar. Un trazado coa paisaxe tamén protagonista e que de volta na praza tivo feliz despedida: «Para o ano, máis e mellor!». Non faltou tampouco a música tradicional, xa clásica nestas andainas.