Fin a un novo curso da UDC sobre dinamización da lingua, co foco posto este ano na integración dos inmigrantes

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

Polo Fórum pasaron profesores de universidade, docentes de ensino secundario, técnicas municipais de normalización e outros expertos

17 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Concluíu en Carballo unha nova edición, a décimo oitava, do curso de verán sobre dinamización lingüística que promove a Universidade da Coruña coa colaboración do Concello de Carballo e da Secretaría Xeral da Lingua. Ao longo destas dúas últimas xornadas, polo Fórum pasaron profesores de universidade, docentes de ensino secundario, técnicas municipais de normalización e outros expertos que abordaron cuestións relacionadas coa integración dos inmigrantes a través da lingua, o tema elixido para este ano.

O martes, logo dunha conferencia inaugural sobre as linguas minorizadas e a escolarización, tivo lugar unha mesa redonda sobre iniciativas de Administracións Locais para o acollemento lingüístico da poboación migrante, e outra máis sobre a necesidade de manter vivo o idioma a través da fala. Dinámicas de participación e traballo en grupo coas persoas anotadas nas xornadas, así como máis faladoiros sobre iniciativas de aproximación ao galego ou sobre o papel da comunidade acolledora na transmisión da lingua, completaron a programación nesta nova edición.