A Carballeira de Zas innova co sistema Cashless

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Carballeira de Zas
Carballeira de Zas BASILIO BELLO

A pulseira intelixente de pago chegou para quedarse

23 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Festa da Carballeira de Zas, que celebrará a súa 40 edición os días 8 e 9 de agosto, vén de anunciar unha interesante nova. O sistema de pago durante o propio festival será a través da pulseira intelixente coñecida como Cashless, tan consolidada xa nas grandes citas musicais. Consiste na recarga previa ou durante esas dúas xornadas para evitar o uso de diñeiro en efectivo ou as propias tarxetas bancarias, o que evita desgustos como a perda da carteira ou o risco de roubo. Outra vantaxe que destaca a organización é a maior axilidade coa que funcionarán os puntos de pago, cun acceso fluído ás barras e aos postos de comida ou de merchandising. «Permitirá un control total do saldo dispoñible, incluso dende o móbil, e contribúe a un evento máis respectuoso co medio ambiente», engaden.

A información detallada sobre o funcionamento do sistema así como os pasos para activar e recargar a pulseira publicaranse nos vindeiros días na páxina web oficial (www.festadacarballeira.com) e nas redes sociais. A venda de entradas en liña para ver ás Tanxugueiras ou a Sés, entre outras artistas, está dispoñible con prezos reducidos ata o 8 de agosto. Logo xa terá que ser na billeteira física.