
Están convocados para as 19.00 horas na sede da Fundación Pondal, esta tarde
26 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.As Festiletras do Couto, cuxos días grandes serán este ano 23 e 24 de agosto, avanzan na súa organización e coidado de detalles. Para esta tarde, ás 19.00 horas, na sede da Fundación Eduardo Pondal, están convocadas todas aquelas persoas voluntarias que axudarán a facer unha festa cómoda e segura. Será unha reunión organizativa, na que se fará reparto de tarefas segundo as necesidades.